Barcos galegos volven ao bacallao a Terranova

Este ano a NAFO aumentou a cota española de bacallao, e iso vai permitir que unha parella de barcos galegos, Arosa Doce e Arosa Catorce, volvan faenar en Terranova, despois de 15 anos de ausencia.
Estes barcos pertencen a Pesquera Ancora, e a súa tripulación é prácticamente galega, pero a empresa citada ainda que con sede en Galicia e persoal galego, pertence a multinacional UK Fisheries LTD, de capital islandés e holandés.

Normalmente Terranova está asociada coa pesca do bacallao por portugueses e vascos, pero tamén nun principio houbo expedicións galegas a Terranova, que remataron no século XVIII, e non se volveron ver barcos galegos nese mar ata o século XX.
Para saber algo máis da pesca de altura desde Galicia podedes consultar o libro de Caroline Menard La pesca gallega en Terranova, siglos XVI-XVIII

Máis información na noticia de LaOpiniónCoruña

Foto: Marta G. Brea

Etiquetas