Batalla de Rande. Charla conmemorativa

Venres 19 de Outubro de 2012 ás 19:30 h, con motivo do 310 aniversario da Batalla de Rande, o Museo do Mar de Galicia e o Grupo de Arqueoloxía “Alfredo García Alén”, organizan unha charla conmemorativa.
Na charla participan os arqueólogos Xurxo Constenla, director da Musealización do centro de interpretación da Batalla de Rande, “MEIRANDE”, dependente do Concello de Redondela, que falará sobre o dito centro e Ramón Patiño, presidente do Grupo de Arqueoloxía “Alfredo García Alén”, director de actividades de arqueoloxía submarina da SAS do Grupo García Alén, que falará sobre as expedicicións de rescate dos galeóns de Rande. Finalmente haberá un coloquio, con Yago Abilleira e Frédéric Nabbe.
A entrada é de balde.

Etiquetas