“Besitos”. Llaut declarado BIC. Outro exemplo a seguir.


Este barco da fotografía é o Besitos, un llaut que pertence, por cesión do Consell Insular de Menorca, a Amics de la Mar de Menorca.
Este é un dos poucos barcos declarados Ben de Interese Cultural que existen en España, especificamente está declarado BIC como ben moble de caracter etnolóxico. A declaracion como BIC data de 2006, e este mes de outubro volveu ao seu amarre no porto de Ciutadella, de onde é orixinario.

(A traducción ao castelán do Butlletí Oficial de les Illes Balears non é moi boa, recomendamos a versión en catalán)
(Noticia e foto tiradas de El mar és el camí)

Etiquetas