BIC para a vela latina na Albufera de Valencia

O Consell da Generalitat Valenciana declarou Ben de Interese Cultural inmaterial a pesca artesanal e a navegación a vela latina na Albufera de Valencia.

Na zona da Albufera hai varias asociacións de vela latina que se agrupan na Federació Cultural Valenciana de Vela Llatina, e que promoveron a declaración de BIC xunto coas comunidades de pescadores de Palmar, Catarroja e Silla. Serán estas entidades as encargadas da xestión do Ben.

 

 

 

Os nosos parabéns a estas entidades que conseguiron que o goberno valenciano recoñeza a importancia cultural da vela latina e que mediante esa declaración de BIC se senten as bases para a súa salvagarda, tanto da continuidade da transmisión dos coñecementos asociados á vela latina como da súa integridade ao considerar os perigos de desvirtuación aos que se pode ver sometido ese valioso elemento cultural polo turismo masivo.

 

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *