Bicicletas a vela

1903 na praia de Ormond, Florida, dúas bicicletas con vela do Hotel Ormond. Poida que coa subida dos carburantes non tardemos moito en ver algo parecido nas estradas. A imaxe pertence á colección Detroit Publishing Company da Library of Congress. Orixinalmente foi feita para editar postais. No sitio web de Shorpy hai versións restauradas de fotografías da colección, algunhas sobre o mar, todas elas moi interesantes.

(Vía intheboatshed.net)

Etiquetas