Blog bacalhoeiro

Nos e o mar é o blog dun capitán de Ílhavo (Portugal) que participou na pesca do bacallau en Terranova e Groenlandia, e tamén noutras pescas noutros mares.
A información que fornece é sorprendente, pola calidade e pola cantidade. Os seus post, moitos acompañados de fotografías de navios da Frota Branca, ou de documentos sobre estes barcos, son un testemuño vivido e por tanto aportan un punto de vista humano e realista sobre o mar. Neste sentido é recomendable ler os comentarios, cheos de anécdotas e información.
Un blog de moita calidade e que paga moito a pena visitar.

Etiquetas