Blogers mariñeiros


As fotos que ilustran este texto son da autoría de Gabi.
Gabi é membro do servizo de Gardacostas de Galicia, e mantén dous blogs, un sobre fotografía dixital e outro, Codaste, sobre a costa e litoral Norte de Galicia.
É moi recomendable visitar os seus blogs, sobre todo Codaste onde atoparedes unhas fotografías realmente espectaculares.


Aproveitamos para convocar a todos os que teñan blogs, webs ou similares relacionadas coa cultura marítima e fluvial, sexan de onde sexan, e en calquer idioma, ao Encontro Aberto de Blogers dentro do VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Ferrol2007

Etiquetas

Un comentario sobre “Blogers mariñeiros

  1. Ola mestre:
    Antes de nada agradecerche a túa colaboración co Encontro Aberto de Blogers de CM dando conta da súa celebración a través do sitio web oficial da Federación.
    A convocatoria tal e como está feita transmite á perfección o espírito dos que estamos a promover o encontro aberto de blogers de CM.
    Por certo, tal e como está recollido no documento no que nos apoiamos para organizar o encontro de blogers a forma de apuntarse é solicitarllo a calquera dos blogers promotores, mais no caso de Gabi, que ten un fotoblog estupendo, poderiamos ser nós o que o convidaramos a participar.
    Oe mestre¡¡¡
    Se coñeces a Gabi, Por qué non lle das un toque para que comparta o encontro de blogers con nós??
    Un saúdo mariñeiro.
    Asdo: Moncho Bouzas, membro do Grupo de Cultura Mariñeira da A.C. O Xeito.

Comments are closed.