Botadura do Illa de Cortegada

Os amigos de Rompetimóns van botar o seu novo barco, o galeón Illa de Cortegada, o vindeiro día 10 de agosto ás 17:00 h no estaleiro de Mougan, na Illa de Arousa. O acto será sinxelo, xa que pensan organizar unha celebración cando se arbole o barco e arribe a Carril.