Botadura e Clausura de Mar de Vigo IV


A Escola Obradoiro Mar de Vigo IV clausura o seu 4º proxecto o vindeiro día 25 (xoves) coa botadura do galeón “Coruxo” á que seguirá a entrega de certificados e diplomas ao alumnado.
A botadura farase na rampa do muelle de Canido ás 11h para desprazarnos a continuación á sede da escola onde o alumnado recibirá de mans do alcalde e a delegada da Xunta os certificados e diplomas acreditativos da súa formación durante este ano e medio.
Polo que respecta á construción de réplicas de embarcacións tradicionais, sinalar que neste proxecto rematáronse os traballos do galeón e quedou prantexada a estructura da dorna de tope. Tamén debemos sinalar que o Concello decidiu presentar un novo proxecto (o quinto) que, de ser aprobado, dedicaríase a finalizar os traballos pendentes e facer o mantemento e reparación dos barcos construidos nos anteriores.
O acto será público e estades todos convidados.

Etiquetas