Botadura na de Purro

O vindeiro sábado 22 de maio vai ter lugar no estaleiro de Purro en Bueu a botadura da dorna Banda do Rio. Para celebrar o evento haberá mexilloada para os asistentes.

Respecto da situación da de Purro non hai novidades, segue sen pronunciarse a Consellería de Cultura. Como exemplo a seguir neste caso pódese ver a situación do estaleiro de Ondartxo, que acaba de abrir as súas portas ás visitas públicas e onde vai ter a súa sede Albaola. Neste estaleiro gárdanse máis de trinta barcos pertencentes á Diputación Foral e o Untzi Museoa, e conta cun taller de carpintería de ribeira onde se construen ou reparan barcos de interese patrimonial.

(Vía Salvemos o estaleiro)

Etiquetas

Un comentario sobre “Botadura na de Purro

  1. Que colla recortes a Xunta e a ver si fai algo tamén a deputación, que patrimonio non é so Soutomaior

Comments are closed.