Bote de Pao. Novo barco na flota de Ferrol


En Ferrol acaba de empezar a construcción do Bote de Pao. Vai ser unha réplica exacta do Pajarito, un bote pulpeiro da Ría de Ferrol contruido en 1907 e que goza de boa saude como podedes ver na foto de arriba, sacada no momento de botalo ao mar en Santomé para participar no VII Encontro, en Cambados.
Ademais da boa noticia da construcción dun novo barco, hai outra boa noticia, e é que Mini, o propietario do Pajarito e promotor da nova construcción, coa colaboración duns compañeiros, acaba de abrir unha web onde poderemos seguir o nacemento do Bote de Pao.
Parabéns por ambas iniciativas.

Etiquetas

4 cometarios sobre “Bote de Pao. Novo barco na flota de Ferrol

  1. Ben vida sexa ! Ora que se poñemos as cousas en bó galego sería un bote polbeiro e non ” pulpeiro “.
    Aquí entre nós haiche gran diferencia entre botar un ” siscallo ” da de botar un polbo… Non vos é a mesma cousa !

    1. Pois aqui podemos chamarlle “bote pulpeiro”, porque foi como lle chamamos toda a vida.
      Dos mesmo xeito que, sendo educados, tamén podemos preguntarlle ás vendedoras do peixe “A como ten a parrocha, señora?”, cousa que para os meiriños, lóxicamente, é unha falta de educación tremenda.

      1. Oes por min non te cortes ! Se despois dache cun peixe na cara…mala sorte, pero sempre haberá quen responda positivamente, que de todo che hai na viña do señor.
        Vaia co da parrocha e pensar que eu pensaba que a regata da parrocheira era outra cousa ! Como dicía aquel anuncio de t.v.daquel xogo ” Aceptamos barco” …Siiií” e despois… “Cite un animal de compañía Pulpo pulpo? pois vale…”
        Saudos ós nosos amigos do norte hiperbóreo. Espero que a próxima vez que nos vexamos poidamos disfrutar dun bó polbo ( e non me fagades dicir de que clase ! A bó entendedor poucas verbas. A que sí ?)

  2. Aos amigos do Ferrol parabéns por tão valorosa iniciativa em prol da Cultura Marítima Galega.
    Em homenagem ao PAJARITO = PASSARINHO (em Português),
    aqui ficam duas quadras do folclore Alentejano: -EU OUVI O PASSARINHO,
    -ÀS QUATRO DA MADRUGADA,
    -CANTANDO LINDAS CANTIGAS,
    -À PORTA DA MINHA AMADA.

    -POR OUVIR CANTAR TÃO BEM,
    -A MINHA AMADA CHOROU,
    -ÀS QUATRO DA MADRUGADA,
    -O PASSARINHO CANTOU.
    Um abraço amigo de
    Albino Gomes
    Ex-Presidente da Associação de Ex-Marinheiros da Armada – Vila do Conde (irmanada ao Ferrol)
    Portugal.

Comments are closed.