bueuINforma. Presentación da iniciativa.

O pasado 23 de novembro presentouse bueuINforma, unha iniciativa financiada pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, que ten como obxectivo a formación insitu dos mariñeiros (característica novedosa) e a divulgación da cultura mariñeira, especialmente entre os escolares.
Os aspectos que vai tratar a formación serán: boas prácticas medioambientais no sector marítimo-pesqueiro, a comercialización ou a diversificación económica. Así mesmo, tratará de actuar no ámbito da organización sectorial, da identificación de riscos, da trazabilidade, da xestión pesqueira e do emprego de novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) aplicadas ao mar.
O traballo cos centros educativos persigue difundir a realidade do traballo no mar, que en moitos casos está infravalorado por descoñecemento, e a importancia socioeconómica do sector.
Mais información da presentación

Actualización: No blog de MilRibeiras podedes oir a entrevista que lle fixeron ao director comercial e de calidade da Confraría de Bueu, Alberto Garazo, e á directora do IES Illa de Ons, Concha Solano.