Cabana de Balieiros. Banda deseñada

O vindeiro xoves 13 de outubro ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos terá lugar a presentación do libro de Banda Deseñada, Cabana de Balieiros do que é autor Tokio (nome artístico de Alfredo López).
Cabana de Balieiros, editada por Demo editorial, é unha obra de intriga ambientada nunha vila mariñeira de finais do século XIX. O autor traballou como ilustrador científico e como biólogo mariño, actividade que aínda desenvolve.

Etiquetas