Cabo da Cruz acollerá o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia en 2015

A Asemblea da FGCMF decidiu en votación que sexa Cabo da Cruz o porto que acolla o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. As dúas candidaturas que optaban a organizar o XII Encontro, Cabo da Cruz e Combarro, presentaron un proxecto sólido, capaz de levar adiante o Encontro con garantía de éxito. Ambas tiñan moitos aspectos positivos que facían moi dificil a elección. A Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras “Gamela” presentaba a candidatura de Cabo da Cruz, e o Clube Mariño “A Reiboa” a de Combarro. Ambos proxectos eran viables e ambos prometían un Encontro de calidade. Cabo da Cruz foi o escollido, pero podía ter sido Combarro. Finalmente, parece que nos colectivos da FGCMF pesou o feito de que Cabo da Cruz nunca acollera anteriormente un Encontro para decantarse por esta opción.

Debemos felicitarnos todos do que esta elección mostra, que o movemento a prol da cultura maritima e fluvial está vivo. Que a pesar da situación económica hai colectivos con vontade e capacidade de optar a organizar o Encontro, e que son capaces de movilizar os recursos, entidades, e administracións dos seus portos. Parabéns á Gamela e á Reiboa polo seu excelente traballo.

(Imaxe POLGalicia cc-by-nc-sa)

Etiquetas

8 cometarios sobre “Cabo da Cruz acollerá o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia en 2015

  1. Parabéns ós elixidos. Que o collan con moitas gañas e forza.
    A maiores, comentaron o Directivos da miña asociación que houbo cambios nos cargos da Xunta Directiva da FGCMF; non estaría de máis que se fixera pública o listado cos cargos dos seus membros, pra xeral coñecemento.
    Un saudo
    José Manuel

    1. Esperemos que non, xa que estaríamos facéndolle o caldo gordo aos promotores da corrupción imperante.

  2. É unha foto moi bonita, lástima que lle falte a dársena de fóra, que dende que se construíu aínda non amarrou ningún barco a ela.

    Era necesario extragar os bancos marisqueiros de Barraña, fábrica de Curvera e toda a parte de terra do polígono de bateas?

    Penso que na concesión dos encontros deberíase ter en conta estas cuestións, o pobo de Cabo de Cruz non dixo ren ante esta desfeita, ao contrario, aínda se puxeron en contra dos que se manisfestaron a favor do medio ambente.

  3. ¿Cuándo se sabrán las fechas del XII encuentro de embarcaciones tradicionales?. Nosotros solemos ir con ALBAOLA de Pasaia Euskadi, y nos gustaría saber las fechas para coordinar con compromisos teatrales que tenemos.
    Abrazos
    Maite Agirre

    1. Las fechas previstas del Encontro son del 9 al 12 de julio de 2015. Muchas gracias por tu interés, Maite.

  4. Ola amig@s¡
    Se a Virxe de Carmen o permite estaremos convosco en Cabo dá Cruz. Así que xa podeis inscribirnos para ser os primeiros :)))
    Temos moita morriña e ganas de vervos e beber unha estrela de galicia convosco.
    Un abrazo grande.

    Xavi y Mónica dende cataluña. (embarcacion NENA)

Comments are closed.