Cadernas da historia. Documental

O vindeiro sábado 12 de xullo vaise presentar no Museo da Salga de Punta Moreiras, no Grove, o documental Cadernas da historia.Arte e oficio da dorna.

Este documental quere mostrar como cambiaron as profesións ligadas á dorna, a da construción e a da navegacion e pesca. Búscase ofrecer unha aproximación ao mundo da dorna a todas aquelas persoas que, sen ser afeccionados ou profesionais dela, queiran coñecer unha parte da historia da nosa cultura marítima e fluvial.

No documental feito por Suroeste producións S&A participan Luis Rei, Domingo Ayaso, Anxo Telmo, Pepe Garrido e Paco “Venturiña”.

Logo da presentación do documental haberá proxeccións públicas na Sala das Cunchas, no Grove, os días 13, 14 e 15 de xullo ás 12:00 h. Dentro de pouco tempo está previsto que o documental completo se poida ver en Vimeo.

Etiquetas