Caderno de a bordo

No seu blog Na volta do camiño, Dionísio Pereira acaba de poñer a disposición de todos un libro hoxe inencontrable, o Caderno de a bordo (103 MB), do que son autores el mesmo, Pepe Gondar e Rafa Vilas. Este caderno non venal editado polo Grupo Etnográfico Mascato en 1997 co patrocinio da Consellería de Pesca quería contribuír a incrementar a conciencia da necesidade de que a xente de mar se implicase na loita contra os verquidos e outras malas prácticas ambientais.
Aproveitamos para lembrarvos que no mesmo blog hai versións en pdf de moitos dos traballos de Dionísio, incluíndo o libro Foulas e Ronseis.