Cal e area na «Casa de la navegación de Baiona»

En pouco tempo está previsto que rematen as obras da «Casa de la Navegación de Baiona», se instale a colección permanente e se abra ao público. Entre os obxectos que se van exhibir están unhas culebrinas atopadas nos anos 80 e parte dos materiais atopados na excavación que se fixo cando se ampliou o porto de Baiona e que agora están depositados no Museo do Mar de Galicia.

Como parte das instalacións, o xardín da Casa da Navegación vai ter unha temática mariñeira e vai contar cunha reprodución da Santa María pero partida en dous, como se supón que quedou ao encallar. Esta reprodución está pensada para que os nenos poidan xogar nela.

Mentras tanto a réplica da Pinta que está atracada no porto de Baiona non está a ter o mellor mantenemento, como se pode apreciar na foto. Hai non moito o pantalán de acceso sufreu desperfectos e quedou pechada temporalmente a visita.

Segundo o Reglamento de organización y funcionamiento de la colección visitable Casa de la navegación de baiona esta colección visitable ten entre os seus obxectivos «Generar un proceso permanente de interpretación de la Villa de Baiona y su relación con el mar». Pero dito isto parece que non vai haber presenza de embarcacións tradicionais nas súas salas. A pesar de que o Clube Marítimo Marisma da Ramallosa e o Instituto de Estudos Miñoranos solicitaran tal presenza o Concello respondeu que non estaba previsto que se exhibiran materiais relacionados coa pesca tradicional, pero que nunha futura ampliación sí que se poderían incluir.

Lamentamos que se perdera esta oportunidade para mostrar o mundo do mar de Baiona, onde hai elementos moi interesantes como as argaceiras, as gamelas, a talasonímia, etc. que forman parte importante da memoria e identidade mariñeira dos veciños de Baiona.

Etiquetas

Un comentario sobre “Cal e area na «Casa de la navegación de Baiona»

  1. De vergonza! o deste Goberno Municipal (que é o mesmo de antes) é de vergonza. Pensarán -pensan- que o das embarcacións tradicionais é de pobres … e claro, iso é rebaixa-los a eles, a un Concello de tanta categoría …que xuntas as cinco parroquias, a duras penas pasan dos 12.000 habitantes! queren facerlle competencia o porto de Vigo en historia, e por non tratar non tratan nin do Piloto que trouxo a Carabela Pinta a Baiona (a maior lotería que lles tocou a esta xente na historia) que como era de Nigrán (19.000 habitantes) non ten “caché” pra estar entre os “ilustres” nobres Baioneses…
    Por non falar dos case 200.00 euros que van gastar , ca que está caindo, en preparar o parque infantil no patio traseiro do museo, incluida a construcción dunha pseudo-réplica da carabela Santa María, e en troques ¡cantas embarcións tradicionais propias estanse perdendo por non haber nin cartos nin sensibilidade! pero os cartos todos que recaudan cas entradas van ó peto e non gastan nin siquera no mantemento da Carabela Pinta, que é quen lles da sentido a todo o tinglado que teñen montado co macro-botellón da Arribada.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *