Cambio de data do programa Salitre sobre Sada

Por mor das eleccións europeas o programa da TVG Salitre programado para hoxe 1 de xuño pasa para o seguinte luns 8 de xuño. Neste programa adicado á Sada participa Miguel Martínez, dos Patexeiros, falando sobre o movemento de colectivos arredor da recuperación das embarcacións tradicionais e específicamente do proxecto de recuperación do Balbina, un patexeiro de Sada.

Etiquetas