Camiño de Carril, parando en Vilaxoán


Hoxe empeza a previa do X Encontro, Carril 2011, desde onte algúns barcos xa están en Vilaxoán e está prevista a chegada de moitos outros esta tarde.
Algúns como o Ría de Ferrol, xa hai días que pasaron Fisterra, recalando no Grove como recolle nunha mágnifica crónica Bou de Vara, outros como os barcos grandes da ACD Dorna, ou da Reiboa levan un par de noites en Vilaxoán, as dornas de Ribeira están facendo hoxe a travesía da ría para chegar esta tarde, e os de Bouzas sairon en convoi co mesmo obxectivo.

(Foto J.L. Oubiña vía Faro de Vigo)

Etiquetas

9 cometarios sobre “Camiño de Carril, parando en Vilaxoán

  1. Que comece a festa e que os nosos barcos teñan unha boa navegación. Felicitacións a tòdol@s participantes.

    1. O de Vilaxoán meior imposible.Felicitacións as mulleres voluntarias.
      Vilaxoán ven merese o XI Encontro de Embarcacións Trdicionais de Galicia.

  2. Grazas a todas-os ,o trato inmellorable!!!!!!!!1dende Ferrol un saudo e vos ventos a todos,,,,,,,A CARRIL!!!!!!!!!!!!!!

  3. A infraestructura de Vilaxóan é estupenda.
    O voluntariado, Carmen e Jobo, do mellor.
    Noraboa!
    Vémonos en Carril.

    1. Queremos agradecer expresamente o trato recibido en Vilaxoán, tanto pola organización como por todos aqueles que nos atenderon se se acercaron a nos

      Tripulacion Ria de Ferrol

      1. DENDE VILAXOAN QUEREMOS AGRADESERVOS HA VOSA PRESENSIA NESTE PORTO QUE FOI XA FAI ANOS UN PORTO IMPORTANTE NESTO DOS BARCOS TRADISIONAIS QUEREMOS QUE SEIPADES QUE ESTA HE HA VOSA CASA UN SAUDO

  4. Felicitacións a todos as volunteri@s e a organización de Vilaxoán e agradecemento os mariñeiros que deixaron os seus amarres para os nosos barcos.
    Outro Arturo de Ferrol

    1. BOS DIAS HA TODOLOS PARTISIPANTES DOS ENCONTROS OS MARIÑEIROS DE VILAXOAN SEMPRE VOS AXUDAREMOS EN TODOLO QUE POIDAMOS VOS VENTOS PRA TODOS

Comments are closed.