Canoa muradana. Recuperando o vivido


Via Homesdepedra enterámonos da iniciativa da asociación Xubimar, de Muros, de recuperar unha canoa (buceta) construida hai máis de trinta anos.
Ademais da recuperación en sí, o salientable desta iniciativa é que Xubimar está formada por xubilados do mar, homes que foron profesionais dos distintos traballos do mar, e que queren que se conserve memoria viva dos barcos que tripularon.
Esperemos que o exemplo destes homes prenda noutros colectivos de xubilados, xa que neles está moito do que foi o noso mar.
Mais fotos e información en Homesdepedra

Etiquetas