Cantu Santa Ana. Recuperando o patrimonio de Castro Urdiales


A Asociación Amigos de la Historia de Castro Urdiales y de la Mar, Cantu Santa Ana, está recuperando un barco que estivo a piques de ir ao desguace.
Esta asociación nacida no 2005, cuxo obxectivo principal é a creación dun museo do mar, mantén unha notable actividade na conservación e recuperación do patrimonio marítimo de Castro que se pode seguir a través do seu web.
Neste web entre outras cousas hai unha interesante colección de fotografía antigua, de fotografía de roles, de planos de barcos e unha completa bibliografía.
(Foto tomada de El Diario Montañés)
(Agradecemos a Ramón Ojeda a información)