Cara a un Regulamento de Construción Naval en Madeira

O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e a Asociación Galega de Carpintaría de Ribeira para a elaboración dun regulamento de construción naval en madeira que inclúa os materiais desde a súa orixe, así como a homologación das novas técnicas de construción naval en madeira. Trátase de pór en valor esta actividade dándolle pleno sentido produtivo e comercial e destacando as súas potencialidades ecolóxicas e culturais. A Consellería de Innovación e Industria achegará, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, un total de 161.480 euros en dúas anualidades para esta actuación, que se desenvolverá en dúas fases.
Durante este ano 2008 realizarase unha análise do estado da arte da investigación proposta, que incluirá o estudo dos regulamentos e normativas existentes para a construción naval en madeira, dos materiais e técnicas empregadas aprobadas e non aprobadas nas normativas vixentes, e a selección e análise dos novos materiais e técnicas que deban terse en consideración. Xa en 2009, o proxecto contempla a elaboración dun manual da construción naval en madeira que abranguerá o desenvolvemento dos procedementos de deseño e cálculo dos materiais e técnicas con requisitos estruturais, a validación da incorporación dos novos materiais e técnicas nas regulamentacións e normativas actuais así como a elaboración dun manual cos estes novos materiais e técnicas.
As I Xornadas de Traballo da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira. “Un Mar de Madeira”, que se inauguran mañán, nacen como un punto de partida moi interesante para este proxecto.
Máis información.

Etiquetas