Cara un novo marco normativo para as embarcacións tradicionais e clásicas? Xornadas técnicas do VIII Encontro

Os días 5 e 6 de xullo, durante o VIII Encontro van ter lugar as Xornadas técnicas Cara un novo marco normativo para as embarcacións tradicionais e clásicas?.

O obxectivo destas xornadas técnicas é dar a coñecer o estado actual de uso e de protección xurídica que as embarcacións tradicionais e clásicas teñen en España, os exemplos doutros países así como as liñas de futuro que habería que emprender de cara a un marco normativo común europeo para a conservación, catalogación e uso das embarcacións tradicionais e clásicas.

A inscrición é gratuita, pero o aforo é limitado xa que se farán a bordo do Hidria.

O programa é moi interesante e inclue como apertura destas xornadas a leccion maxistral que o profesor Staffan Mörling vai dar sobre “As embarcacións tradicionais como síntese etnográfica e antropolóxica das poboacións costeiras”.

Para os que non coñezan ao profesor Mörling mais baixo incluimos un fragmento de 15 minutos da intervención do profesor nas Xornadas de cultura marítima de Ribeira 2006.
Agradecemos a Radio Discolocate que nos proporcionase a gravación e a Luís Teira as xestións realizadas para obtela.

Etiquetas

Un comentario sobre “Cara un novo marco normativo para as embarcacións tradicionais e clásicas? Xornadas técnicas do VIII Encontro

  1. Podese baixa para poder escoitar cando un queira, moi boa idea o de colgar a grabación R.I. Confraría.
    Saúde
    Fernando

Comments are closed.