Carpinteria de ribeira: Estratexias innovadoras. Xornada técnica

O sábado 2 de decembro de 2006 vai ter lugar no CETMAR en Vigo, a Xornada técnica Carpintería de ribeira: Estratexias innovadoras.
Farase unha posta en común por destacados especialistas da situación actual e previsión de futuro da carpintería de ribeira en varios paises europeos, e das novas técnicas aplicables a esta actividade.
Mais información no tríptico da xornada. Abaixo podedes ver o programa…

O programa é:

9:45 h – 10:00 h: Recepción e inscripción

10:00 h – 10:15 h: Inauguración da Xornada

10:00 h – 11:30 h: 1ª Mesa-conferencia

A problemática da carpintería de ribeira: situación actual no Estado Español, Portugal, Francia e Noruega.

§ D. Xerardo Triñanes (Carpinteiro de ribeira e empresario. Galicia): “A carpintería de ribeira hoxe en Galicia”

§ D. José Do Carmo (carpinteiro-empresario. Portugal): “A carpintería de ribeira hoxe en Portugal”

§ D. Xabier Agote (Carpinteiro de ribeira na Asociación Albaola. Euskadi) “A carpintería de ribeira hoxe en Euskadi”

§ D. Lars Djupevåg (Carpinteiro de ribeira e empresario. Noruega): “A carpintería de ribeira hoxe en Noruega”

§ D. Miquel Huguet (Carpinteiro de ribeira e empresario. Illas Baleares): “A carpintería de ribeira hoxe nas Illas Baleares”.

§ D. Alain Bouguennec (Formador no centro Les Ateliers de l’Enfer): “A carpintería de ribeira hoxe en Francia”

A continuación abrirase un coloquio-debate entre todos os asistentes.

11:45 h – 12:15 h: Pausa-café

12:15 h – 13:45 h: 2ª Mesa-conferencia

Estratexias innovadoras: novas técnicas e novos productos; formación, medio ambiente e novas experiencias de preservación do oficio

§ D. Guillermo Gefaell (Enxeñeiro naval de Gestenaval. Galicia): “A incidencia das regulamentacións técnicas e as disposicións legais para o desenvolvemento da construcción naval en madeira en España”

§ D. Oscar Mota (Enxeñeiro naval. Portugal):“ Carpinteiros navais – Surfando a onda da mudança”

§ D. Miguel Borillo (Carpinteiro de ribeira, docente no Consorci El FAR de Barcelona): “Dezaoito anos de formación en carpinetería de ribeira”

§ D. Paul Robert (Presidente delegado da Federation Regionale pour la Culture et le Patrimoine Maritimes-Bretagne): ” Les Ateliers del L´Enfer: a xestión dun centro formativo e a súa relación co sector da construcción naval en madeira ”

§ D. Geir Madsen (Director do Centro de Preservación da Flota de Hardanger. Noruega): “Hardanger Fartøyvernsenter: unha experiencia innovadora como centro de preservación da flota”

A continuación abrirase un coloquio-debate entre todos os asistentes.

14:00 h -15:00 h: Xantar no CETMAR.

15:30 h – 18:00 h: 3ª Mesa-conferencia

A construcción naval en madeira… ¿Hai futuro? ¿Qué futuro? Conclusións.

§ D. Lino Lema Bouzas (Xefe de servizo de Estudos Pesqueiros). Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Xunta de Galicia.

§ Técnicos do proxecto “CARPINTERÍA DE RIBEIRA: ESTRATEXIAS INNOVADORAS”. Fundación CETMAR.

A continuación abrirase un coloquio-debate entre todos os asistentes.

Contarase con servizo de interpretación: español-francés-inglés.

Etiquetas