Carpintería de ribera. Blog

Acaba de abrir o blog Carpintería de ribera. A persoa que tivo esta iniciativa forma parte da Escola Obradoiro Mar de Vigo, e está a difundir fotografías e información sobre a Dorna de Tope que a Escola está construindo, e ten previsto subir material doutras construcións e traballos da Escola.

Pensamos que é importante que os protagonistas do traballo relacionado co mar sexan os que tamén fagan a difusión que o seu labor merece. Eles son os que mellor coñecen o tema e os que mellor poden mostralo ás persoas interesadas.

Parabéns para Adrian, o autor, por esta meritoria iniciativa e desexámoslle longa vida ao seu blog.

(Foto Carpintería de ribera)

Etiquetas

4 cometarios sobre “Carpintería de ribera. Blog

  1. Hola a todos! buscando blog de carpintería de ribera, me encontré con este, con la sorpresa que en el se dedica una entrada a mi blog que hace referencia a la escuela obradioiro y lo que se hace en ella!

    Agradezco mucho que publicarais eso, tengo mucha información que mostrar ya que la embarcación esta bastante mas avanzada y mas cosas.

    Un saludo a todos y espero que os agrade el blog!.

    Muchas gracias.

Comments are closed.