Catálogo de naufraxios. Galicia e Costa da Morte


Rafael Lema ven de publicar Catálogo de naufragios. Costa da Morte. Galicia. Este catálogo é complemento do libro Costa da Morte. Un país de sueños y naufragios do que xa temos falado anteriormente.
Neste catálogo publicado por Elven Comunicación Lema recolle datos de 1379 naufraxios, deles 643 na Costa da Morte, chegando desde o ano 585 ata os nosos días (inclue a gabarra Prima, neste momento encallada nas pedras de Camariñas). As entradas do catálogo están ordenadas cronolóxicamente, pero o feito de ser un pdf permite unha busca fácil de calquera barco en concreto.

(Vía Que pasa na costa)

Etiquetas