Catro barcos en tres meses

Na zona da Costa da Morte perdéronse nos pasados tres meses catro barcos da flota artesanal. O último o Segundo Hermanos Papín (arriba na foto de Juan Louro), que foi ás pedras perto do Ézaro o pasado xoves. Por sorte non houbo mortes en ningún dos catro casos pero si graves danos económicos para os afectados.

Non está claro se hai motivos comúns para tanto accidente ou simplemente é o azar que fixo que en tan pouco tempo houbese tantas perdas. Pero voces do sector profesional alertan de que as condicións económicas poden estar relacionadas con estes accidentes.

Moitas veces falamos dos barcos, da súa vida, do seu final, pero non esquecemos que quen importa son as persoas que os tripulan. Para eles a nosa solidariedade.

Etiquetas