Ceden o Platuxa

Os Amigos da Dorna de Portonovo acaban de anunciar que ceden o Platuxa, un barco do día, construído en Portonovo en 1976. Logo de case 8 anos intentando levar adiante o proxecto Platuxa e dada a cantidade de atrancos administrativos e económicos a Asociación decidiu en Asemblea ceder o barco a quen estea interesado e presente un proxecto viable.
O obxectivo da cesión é asegurar o futuro do barco e evitar o seu desmantelamento.
Na revista do VI Encontro, Illa de Arousa 2003, publicouse un artigo de Trepa explicando o Proxecto Platuxa.
Hai un prazo de tres meses para presentar proxectos. Máis información no web de Amigos da Dorna de Portonovo.

Etiquetas

10 cometarios sobre “Ceden o Platuxa

  1. Boas:

    Efectivamente o barco está matriculado na 6ªLista, tal como se recolle na folla de asento e no certificado de navegabilidade.

    E por que esta lista? Pois porque detrás do Proxecto Platuxa, sustentando dito proxecto habería unha actividade económica, sexa a modo de taller, exposicións e incluso aluguer do barco para grupos. Ademais na carta da DXMM (http://www.culturamaritima.org/files/images/CartaDGMM.jpg) no cuarto parágrafo deixa ben claro que “no seria posible su inscripción en la séptima lista”. Tomámonos como boa nova este paso de Mariña Mercante. A día de hoxe, podemos asegurar que o paso non foi suficiente. Tamén podemos descartar o tema da 6ª lista como unha alternativa “relativamente sencilla ou viable” xa que despois de conceder a 6ª lista chegaron outros problemas. E resumo:

    Polo menos na provincia marítima de Vigo, na que está inscrita o Platuxa e na que se xestionaron os trámites, a cousa está así:

    UN BARCO INSCRITO NA 6ªLISTA TEN QUE ESTAR DESPACHADO, CON OU SEN PATRÓN. Por suposto a nosa intención era despachalo con patrón e tripulación. A indicación de Capitanía: TÍTULOS PROFESIONAIS -y no valen expedidos por Pesca- (non sei se esa afirmación foi con argumento ou simplemente por poñer a cousa mais dificil-

    PARA PODER DESPCAHAR O BARCO É NECESARIO PRESENTAR UN CERTIFICADO SANITARIO (expedido por Sanidad Exterior – Vigo) Alá imos!!! E en sanidade exterior outra folla chea de requisitos (a estas alturas ainda non lle chamábamos trabas, aínda nos quedaba paciencia e sobre todo ilusión). Resulta que esta xente de sanidade exterior (moi amables por certo) necesitan un CERTIFICADO DE ARQUEO entre outras cousas; si, en maiusculas porque ata aquí chegamos e ahí estamos tendo o problema. O funcionario de capitanía que ten que asinar o certificado parece que non está disposto porque detectou irregularidades nas dimensións do barco respecto ás que pon no rexistro do buque.

    E así está o tema.
    MAIS COMENTARIOS!!!!

    1. O custe anual dependerá de varios factores, como o porto no que queiras amarrar, por exemplo, logo está o tema da tripulación, xa que se requiren titulados profesionais…
      E por suposto o seguro da embarcación e os derivados do seu mantemento.
      Moita sorte aos Amigos da Dorna de Portonovo, a ver se aparece algunha iniciativa realmente interesada no asunto e que poida levalo adiante.

  2. Preguntades canto é o custo anual? Pois é moi ambigüo.Depende do que queiras gastar nel. O ano pasado démoslle o mantemento, entendido como mínimo, e entre pinturas, patente, cincs, e outros productos e materiais, ademáis da varada e cambiarlle as baterías, gastáronse arredor de 1200 €.

    Supoñendo que non é moito para un barco destas dimensións, sí que o é para o presuposto da nosa asociación. Tamén cremos que non é sustentable a base de cotas de socios e das subvencións que recibimos, polo que unha actividade económica do barco semella a única alternativa.

    1. Tamén podía ter un uso cultural asociado a algunha entidade, non ten por qué ser o seu uso só económico, sen desbotalo. Non sí?

  3. Si algunha entidade o pode manter sen xerar directamente cartos o barco, pois por que non?

    1. Ola, poderíades informar sobre as características técnicas da embarcación: eslora, manga, calado, puntal, TRB, desprazamento, motor, instalacións, seguridade…

      Moitas grazas

  4. Perdón polo restraso:

    ESLORA: 11,40 m
    MANGA: 3,50 m
    PUNTAL: 1,25 m
    TRB: 8,95
    MOTOR: BARREIROS 160 CV

    Instalación eléctrica básica a 24 V.
    Rádar e sonda(de papel) fóra de servizo
    Bomba hidráulica conectada a bomba para achique/baldeo

    Chalecos salvavidas e un aro salvavidas para varias persoas.

Comments are closed.