Censo da flota pesqueira galega 1990 – 2010

Este é un censo da flota de pesca profesional de Galicia entre 1990 e 2011. Inclue 12563 barcos de 3ª lista ( con 7876 imaxes) que nalgún momento dese periodo tiveron porto base en Galicia, independentemente de onde comezasen ou rematasen os seus días.

Os datos están tomados do Community Fishing Fleet Register da UE, procesados para facelos máis facilmente consultables, e as imaxes son suministradas polo Censo de la Flota Pesquera Operativa do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural e Mariño.

A interface do programa que usamos para poñelo a disposición dos interesados non é moi amigable e lamentablemente so está en inglés, pero pensamos que o interese dos datos compensa as molestias. Permite buscar un barco determinado (Show options > Filter > Nome = “Nome_que_buscamos”), os barcos dun porto, ou crear gráficos de datos agregados. Tamén permite facer comentarios a calquera dato que apareza na taboa. Para ver as imaxes en grande pódese ir directamente á páxina do Ministerio ou usar o boton dereito do rato (se o navegador o permite).
Dado o número de columnas a táboa ten varias pantallas de ancho polo que para ver todas é preciso premer no botón que ten a frecha (arriba á dereita).

Para saber máis dos barcos que actualmente teñen licenza para pescar desde portos galegos o mellor é consultar o Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia, que ten os seus datos constantemente actualizados, e inclue información sobre os barcos de acuicultura (bateeiros).

Etiquetas

Un comentario sobre “Censo da flota pesqueira galega 1990 – 2010

Comments are closed.