Centenario da Alianza Mariñeira 1914-2014. Cangas. Exposicións

Hai 100 anos que nacía en Cangas a La Alianza Marinera, unha organización sindical que agrupaba os mariñeiros de Cangas e que naceu para mellorar as condicións económicas e de traballo dos mariñeiros cangueses. A «Alianza», con bos e malos tempos, sobreviviu ata 1936, ano no que foi disolta polos sublevados, queimada a súa biblioteca e perseguidos os seus directivos. A Asociación Mar da Pedra quere celebrar este centenario para o que organiza varios actos en colaboración coa AC MH 28 de Agosto de Cangas.

Mañán 10 de xullo ás 20:00 h vanse inaugurar na Capela do Hospital de Cangas dúas exposicións: Os oficios do mar e Daniel Pazó Vila. Inventor dos casulos das nasas. No acto de inauguración participarán Antonio Lima, presidente de Mar da Pedra, José M. Rodríguez Crespo, de Marisma da Ramallosa, e os fillos de Daniel Pazó.

Estas exposicións estarán abertas ata o 20 de xullo en horario de luns a venres de 18:00 a 21:00 h e sábados e domingos de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h

Etiquetas