Centro Tecnolóxico do Mar. CETMAR. Un importante descoñecido


O Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) é unha fundación na que participan a Xunta de Galicia, os ministerios de Educación, de Sanidade e de Agricultura e Pesca, as universidades galegas, o CSIC, ANFACO, e o Instituto Español de Oceanografía
O obxectivo de CETMAR é contribuír a mellorar as condicións para o desenvolvemento sostible dos recursos mariños, e, neste marco, contribuír a mellorar a eficiencia dos sectores da pesca, a acuicultura, a transformación dos productos pesqueiros e todas aquelas actividades directa ou indirectamente relacionadas có uso e a explotación do mar e os seus recursos.
A súa actividade é moi ampla e variada, a FGCMF ten colaborado co CETMAR en algúns proxectos relacionados patrimonio marítimo, polo que para facernos unha idea do seu traballo o mellor é percorrer o seu web.
Dentro dese web destacan as seccións de novas e novidades, nas que poderemos estar ao día do que sucede no Centro e no seu ámbito de traballo de forma facil gracias a que ofrecen cadanseu RSS.
O pasado día 25 de novembro publicouse no Faro de Vigo unha entrevista co seu director, Alberto González-Garcés Santiso, na que explica as funcións do CETMAR, e o papel que pode cumprir na futura Cidade do Mar en Vigo.

Etiquetas