Chegan os temporais, remata a tempada

Esta semana entrou o primeiro temporal do outono e algúns dos membros da FGCMF rematan a tempada de navegación. Amigos da Dorna Meca fixoo hai uns días, a ACD Dorna xa ten os barcos na nave de Vilaxoan, e Mariñeiros de Bouzas rematou as navegacións o pasado mércores.
Seguirá habendo barcos a navegar, pero as condicións do mar e o cambio ao horario de inverno fan dificil organizar eventos.
Esta tempada foi un pouco irregular, houbo moi bos días de navegación, pero tamén houbo regatas que tiveron que ser suspendidas polo exceso de vento.
Agora ven o tempo de descansar, das actividades en terra, a espera de que sexa o tempo de preparar os barcos para unha nova tempada.

(Foto ACD Dorna)

Etiquetas