Chimán. La pesca ballenera moderna en la Península Ibérica. Libro

Mañá venres 14 de febreiro ás 20:00 h vai ter lugar no Museo do Mar de Galicia a presentación do libro Chimán. La pesca ballenera moderna en la Península Ibérica. O autor do libro é Alex Aguilar, director do IRBio, Institut de Recerca de la Biodiversitat da Universidade de Barcelona, e que traballou como biólogo en Cangas e Caneliñas desde 1978 a 1985 para a Universidade de Barcelona nas factorías da empresa IBSA pertencente á familia Massó.

Neste libro Alex Aguilar fai un repaso á caza da balea na Península desde os anos 20 cando os noruegueses reintroduciron a actividade no Estreito ata 1985, ano no que se cazou a última balea en Galicia. Á propia experiencia e á laboriosa consulta de arquivos de empresas baleeiras o autor xunta rexistros orais de traballadores e empresarios e imaxes ata agora inéditas para facer un libro que ofrece unha visión de conxunto equilibrada sobre o que supuxo a caza da balea no século XX e o conflicto que arredor dela naceu nos anos 80 e que finalmente levou á súa desaparición.

Entrevistas co autor no Faro de Vigo e en Sinc

(Imaxe: Miguel López, o último arpoador)

Etiquetas