CIEMar-Ílhavo. Centro de Investigação e Empreendedorismo do Mar do Município de Ílhavo


CIEMar-Ílhavo é unha subunidade do Museu Marítimo de Ílhavo que ten como misión a investigación científico-cultural e que ten como obxectivo principal alimentar e renovar o proxecto cultural do Museu.

O CIEMarÍlhavo consta de catro subunidades: CIEMar, adicada á investigación en Historia, Antropoloxía e Xeografía Marítimas; DocMar, o arquivo do Museu, con ricos fondos relacionados coa pesca do bacallau entre outros temas, e que custodia o legado do Arq. Octavio Lixa Filgueiras; MarInfo, unha incubadora de empresas relacionadas coa produción de contidos culturais relacionados co mar; e ForMarÍlhavo, unha unidade de educación informal relacionada cos contidos do Museu.

O CIEMar-Ílhavo acaba de publicar o número 1 de seu boletín, onde se dá conta da entrega do premio Arq. Octavio Lixa Filgueiras ao profesor Francisco Oneto Nunes polo seu traballo Hoje por ti, amanhã por mim. A arte xávega no litoral central português, se presenta o plan de traballo do centro e se difunden os seus servizos. Entre as actividades previstas está a edición dunha nova revista de cultura marítima, Argos, que estará nas librarías en setembro deste ano.

Etiquetas