Clausura da Escola Obradoiro Mar de Vigo VI

Hoxe rematou a Escola Obradoiro Mar de Vigo VI. Pecha así un dos centros de formación en carpintería de ribeira, quedando neste momento só a Aixola en funcionamento.
Hoxe coincidindo co peche fíxose a botadura oficial da dorna de tope construida pola escola, que leva o nome de Illa de Toralla.
No blog Carpintería de ribera tendes mais imaxes da botadura, e información sobre o acto.
En Vilaxoán xa está a traiñeira Vig05, contruida por Mar de Vigo en 2005, esperando a travesía á Carril, e posible que a Illa de Toralla tamén estea no X Encontro.

(Foto Adrián)

Etiquetas

2 cometarios sobre “Clausura da Escola Obradoiro Mar de Vigo VI

  1. Despois de 11 anos traballando na Escola Mar de Vigo, hoxe foi un dia moi triste. Penso ca Escola ten mais que xustificada a sua existencia, xa non só pola formación e insercción laboral de xovenes desempregados senón polo traballo de recuperación e construcción realizado o longo de estes anos (Gamela Coruxeira 2001, Bote Pobeiro 2003, Traiñeira 2005, Galeón 2007, Dorna 2011). Pero a tristeza mais grande ven de escoitar o Alcalde e o Concelleiro de Emprego e o seu nulo interese polo Patrimonio Maritimo Galego. En mais de unha ocasión se lles plantexou a posibilidade de estar presentes nos Encontros, conseguindo un NON por resposta. Plantexando o equipo docente un programa de cooperación para seguir co mantemento das embarcaións da Escola tamén outro NON por resposta.
    En fín, tiña que contalo, para que o superades.
    Ainda así, algún de nos, estaremos por ahí.
    Victor R.

    1. Victor, parabéns polo traballo feito. Os vosos barcos están aí para quen queira velos, e os rapaces que os construiron levan consigo un saber que poida que algún día transmitan a outros.

      Que Vigo, co seu potencial económico, non sexa quen de soster unha escola obradoiro, que non teña interese en estar presente no Encontro, é profundamente lamentable. E incomprensible desde o punto de vista da publicidade política.

      Sosterán que a crise non o permite, pero esa non é a razón. Todos os estudios feitos, algúns en Vigo, demostrán que é viable a actividade económica da carpintería de ribeira, sempre que as administracións fagan o seu traballo, que non é dar subvencións, senón facilitar as condicións para que poida existir a actividade.

      Apoiar a carpintería de ribeira é apoiar o futuro económico, a existencia de actividade económica, a creación de postos de traballo.

      Sinto de verdade que remate así un traballo tan importante.

Comments are closed.