Co sal nas mans. Libro

Paulino Ambrosio Costas é o autor do libro Co sal nas mans, editado pola Deputación de Pontevedra. O libro é resultado dun traballo de recompilación de fotografías e entrevistas sobre o traballo no mar entre 1930 e 1960. Os barcos e homes que aparecen no libro son do entorno da ría de Vigo, pero as fotos e os textos falan da pesca do bonito en vapores, do arrastre e do pincho no Gran Sol, dos bacalloeiros en Terranova, ou dos barcos que ían á pescada no sur de África.

Os textos recollen testemuños verídicos contados polos propios protagonistas, como o seguinte que acompaña á foto de arriba na que se ve a tripulación do que parece o vapor Melucha de Vigo pescando ao bonito:

Ó chegar a Fisterra metíanse as varas a bordo. Levantabámonos ás cinco da mañá e ata a noite non íamos ó catre. A mellor hora para pescar o bonito era de cinco a nove da mañá, ó “amanexo”; e pola tarde ó “axexo”, que era de sete a dez da noite. As doce da noite era cando metiamos as liñas a bordo e logo deitabámonos. As catro e media da mañá levantabámonos e ás cinco botabamos as liñas. Mentres, o rapaz preparaba os almorzos e levábaos ó lugar do barco onde estivesemos.

Etiquetas