Coa proa do revés


Nos estaleiros Hijos de Barreras e FN Marín, estanse a construir varios barcos cun novo diseño de proa, o tipo X-bow, ou de proa invertida.
O deseño é de patente norueguesa, e foi contruido por primeira vez en 2006 pola empresa Ulstein no barco Bourbon Orca.
Barreras xa botou un dos barcos deste novo tipo, e FNM acaba de facer a botadura técnica do seu primeiro X-bow.
Parece que este deseño permite aforrar combustible, aumentar a seguridade en cuberta e manter velocidades de 17 nós en mares con grandes ondas como o Mar do Norte, onde se usan para apoio das plataformas petrolíferas.

Etiquetas

Un comentario sobre “Coa proa do revés

Comments are closed.