Coidando dos barcos

Os barcos precisan un mantemento anual, hai que traballar duro para que logo se poida navegar con seguridade e os barcos vivan todo o posible. Xa empezou a tempada e os barcos van indo para o mar. O tempo nas rías mellorou moito, apreta a calor e pronto chegará a primeira regata de dornas.
Sueste botou ao mar o primeiro barco da tempada, e na de Garrido o Rana, un folkboat, está case listo para navegar, logo dun longo e traballoso rascado e pintado, e na Arousa Dorna prepara os barcos para a regata dos Faros.

(Imaxe: Sueste)

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *