Colabora! O Hidria xa ten máis do 20 % dos 6000 euros.

O Hidria acadou 1330 euros dos 6000 que precisa para regresar a Galicia. O prazo para conseguir o total remata dentro de 50 días. A FGCMF anima a todos os interesados no noso patrimonio a colaborar económicamente. Son tempos malos, pero moitas pequenas aportacións poden traer de volta ao Hidria.

4 cometarios sobre “Colabora! O Hidria xa ten máis do 20 % dos 6000 euros.

    1. Imos dispoñer unha conta da FGCMF para poder ingresar os cartos para o Hidria, e logo a FGCMF fara a achega a través de Lánzanos.

      1. Ou nos pomos a facer campaña en serio entre todos, e a FGCMF á cabeza, tocando a prensa e TVG*, ou témome que non van dar xuntado os cartos.

        *Se os da TVG van ata unha aldea perdida a filmar unha berza de 2 metros de alto ou unha cabra que tivo 3 cabritiños, tamén poden sacar isto!

        Saudos a tod@s.

        1. Pos tes razón con da berza. Fai Moito que non vexo a TVG, e xa non me acordaba dese tipo de reportaxes, acabas de sacarme o primeiro sorriso do día, jajaja. Moitas gracias. Si non conseguimos o de Lánzanos xa o intentaremos doutra maneira. Unha aperta.

Comments are closed.