Colaboración coa Consellería do Mar: Brest 2012 e taxas portuarias

Representantes da FGCMF reunironse recentemente con Susana Rodríguez, Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. Nesta reunión a FGCMF, entre outros temas, transmitiu á Directora Xeral o convite oficial que a organización de Brest2012 fixo a Galicia para participar no evento. Está previsto que Brest2012 teña un forte caracter conmemorativo, ao cumprirse 20 anos da primeira edición, polo que se convida a todos os paises que foron convidados oficiais en pasadas edicións a participar nesta, pero cunha presencia moito máis reducida que noutras ocasións, o que no caso galego, caso de aceptar o convite a Xunta, podería consistir na presenza de 4 dornas ou barcos de similar tamaño e un stand de 50 metros cadrados.

Tamén se tratou nesta reunión o problema que as taxas de Portos están supoñendo para as embarcacións tradicionais, e as posibilidades que hai nun futuro próximo de buscar unha solución ao problema. Mentras esta solución definitiva non chega a FGCMF aportou unha proposta para solucionar puntualmente o problema, e que vai ser estudiada xurídica e económicamente para ver se é viable. Repecto deste tema tamén se ten solicitada unha entrevista co Presidente de Portos de Galicia, o organismo responsable do cobro da taxas.