Colaboración coa Deputación de Pontevedra

Representantes da FGCMF veñen de reunirse con Begoña Estévez Bernárdez, deputada provincial e vogal da Xunta da Comisión de Goberno da Deputación de Pontevedra, en representación do seu Presidente, para ver de restablecer a colaboración que de vello sempre houbo entre ambas entidades e que nos últimos anos reducírase sensiblemente.

Históricamente o traballo da Deputación de Pontevedra foi un dos factores máis importantes no despegue da recuperación do patrimonio marítimo galego, xa que durante moitos anos convocou axudas específicas para a recuperación de barcos tradicionais e para actividades relacionadas.

Esperamos que esta reunión sirva para activar novas vías de colaboración e que a Deputación de Pontevedra volva ter o importante papel que de sempre tivo no mundo do patrimonio marítimo galego.

Etiquetas