Collendo vieiras

Abre a pesca das vieiras en Cambados, pechada pola toxina, e en BoudeVara hai dúas magníficas reportaxes sobre a pesca de vieira (outra) con rastro. Gran parte das fotos das reportaxes son de Monica Yrago, fotoxornalista, e que non podemos reproducir aquí, pero que recomendamos ver. A imaxe de arriba mostra un barco de Cambados traballando á vieira con rastro no 2008.

E como contrapunto á reportaxe de BoudeVara podedes ver a serie de 5 minireportaxes La route des Saint-Jacques (O camiño das vieiras) sobre a pesca de vieira en Port-en-Bessin (Normandia) feitos pola televisión France2 hai poucos días. As reportaxes siguen todo o proceso da viera, desde a pesca ata o consumidor final. É interesante ver o tipo de barco, e sobre todo o tipo de rastro que usan para coller a vieira. A flota francesa ten un contencioso cos veciños irlandeses, ingleses e escoceses, porque non están sometidos aos límites de pesca dos franceses que datan da primeira guerra mundial, pero que pescan na mesma zona. O conflito chegou a maiores o pasado outubro cando houbo enfrontamentos entre ambas flotas.

(Vía Through the gaps)

Etiquetas

Un comentario sobre “Collendo vieiras

  1. En todas partes cocen fabas. As vieiras francesas parecen máis pequenas que as de Cambados, non?

Comments are closed.