Cómete o mar. Tempada gastronómica mariñeira.

O GAC4 a través do proxecto Margalaica organiza Cómete o mar unha iniciativa de gastronomía mariñeira, na que varios restaurantes do territorio deste GAC ofrecen menús con productos do mar a prezos especiais. Hai tamén nesta iniciativa unha oferta de obradoiros gastronómicos para aprender a coñecer e cociñar os productos do mar e asociada aos obradoiros hai tamén unha oferta de aloxamento a prezos especiais.
Nesta segunda edición que empeza o 28 de novembro e rematará o 4 de decembro participan 17 restaurantes da zona entre Fisterra e Porto do Son.

(Vía Que pasa na costa)

Etiquetas