Comeza a organización do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Constituiuse hai uns días o Comité Organizador do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que terá lugar en Cabo da Cruz entre o 9 e o 12 de xullo de 2015.

Ademais de acordar as normas de funcionamento do Comité Organizador creáronse as distintas comisións de traballo con cadanseu coordinador: actividades mariñas e de navegación, loxística en terra, actividades culturais, obradoiros e exposicións, voluntariado, comunicación e unha última de ambientación que impulsará aornamentación de Cabo da Cruz con motivos mariñeiros.

O presidente do Comité é Xerardo Triñanes en representación da Asociación Gamela, as vicepresidencias foron ocupadas polo Alcalde de Boiro e o presidente da FGCMF, e ademais dos cargos de secretario e tesoureiro incluironse como vogais os coordinadores de cada comisión creada.

Decidiuse que as Xornadas Técnicas desta nova edición do Encontro teñan como fío condutor un congreso cuxo tema estará relacionado co Patrimonio marítimo e a Arqueoloxía

Decidiuse asimesmo a inmediata solicitude de entrevistas coas administracións (distintos organismos da Xunta de Galicia e a Deputación) para concretar coas mesmas a súa participación e colaboración.

Finalmente, aprobouse a próxima convocatoria dunha xuntanza ampla do Comité Organizador, aberta a todos os colaboradores, especialmente aos colectivos locais.

(Imaxe: Luis Miguel Bugallo Sánchez)

Etiquetas

2 cometarios sobre “Comeza a organización do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

  1. Eu tenho claro que se se realiza no naútico de Cabo de Cruz, ou está por médio essa organizaçom mafiosa dalgum jeito, ou se se empregam as novas instalaçons (construídas para esta máfia com o apoio dos parvos úteis dos bateeiros prejudicando as mariscadoras a pé), nom participo.
    Já agora, tem algo a ver o presidente da Associaçom Gamela com o mafioso e fantasmal Nautico de Cabo de Cruz? Sabedes que nom satisfeitos com a desfeita ainda querem fazer um novo recheo dentro da nova dársena para estacionar carros?
    Ainda estamos a tempo e ir para Combarro. Se nom há sensibilidade ecológica e social, o resto é impostura

    1. Eu tamén apoio o ir a Combarro, non podemos tragar con calquera que se apunte a facer encontros, e menos xustificar corrupcións en perxuicio do medio mariño.

Comments are closed.