Comeza o VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Chegou o día, hoxe comeza o VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia en Ferrol. Desde a organización recomendan que aqueles que non fixeron a inscrición por adiantado, o fagan directamente na Recepción do Encontro en Curuxeiras, caso de facelo online poderían sofrer algún retraso.
Segundo o programa de hoxe, a inauguración oficial do encontro será ás 12:00h pero xa desde as 9:30h haberá actividades, entre elas as Xornadas Técnicas, presentacións, obradoiros, navegación, e ás 18:30h a Festa da Arribada, onde todas as embarcacións entrarán na ría enchendo o mar de velas.
Bo vento para todos e bo Encontro.

Etiquetas