Concentración en Defensa do Estaleiro da Banda do Rio.

O vindeiro sábado ás 17:00 h vai ter lugar unha concentración diante do Taller de Purro, en Bueu. Está organizada pola Coordinadora pola Defensa do Estaleiro da Banda do Río, na que xa están integrados máis de 10 colectivos da zona, entre eles Os Galos.

A situación do Taller de Purro é delicada, xa que Patrimonio ainda non fixo público o seu informe sobre o estaleiro e Costas pretende recuperar a concesión en pouco tempo.
Desde a FGCMF animamos a todos os interesados na conservación do estaleiro a participar ou apoiar esta concentración.
(Vía Salvemos o Estaleiro)

Etiquetas