Concurso de toponimia mariñeira. Bueu

En Bueuinforma dase noticia da convocatoria do Concurso de toponimia mariñeira Bueuinforma 2010 “O burato do inferno”.
É unha novedosa e interesante iniciativa na que poderán participar profesionais do mar e xente relacionada co mar do Concello de Bueu.
O obxectivo do concurso e recoller a talasonimia da zona e logo poñela a disposición de todos mediante unha publicación en papel e dixital.
O prazo para a presentación de traballos remata o vindeiro 1 de xuño.

Etiquetas