Confección e mantemento de artes e aparellos. Curso

A Aixola comezará en decembro unha nova edición do curso Confección e mantemento de artes e aparellos que dá acceso ao certificado de profesionalidade de redeiro.

Para poder facer este curso hai que estar inscrito como demandante de emprego, xa que será o Servizo Público de Emprego de Galicia quen realizará a pre-selección de candidatos para o curso. Os preseleccionados deberán pasar as probas de acceso da Aixola. Estar inscrito como demandante de emprego non garante a preselección.

Os interesados para participar no proceso de selección de alumnos, deberán notificar á súa oficina de Emprego o seu interese en realizar o curso “Confección e mantemento de artes e aparellos”, código de especialidade MAPN0108.

O curso ten unha duración de 330 horas e impartirase do 09 de decembro ata o 14 de marzo de 2015 en horario de 08:00 a 14:00 h

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *