Confraría de Cedeira. Blog

A Confraría de Cedeira mantén un blog sobre as actuacións da Confraría, e os temas que afectan aos seus asociados. É unha fonte de información moi útil para estar ao día do que pasa na baixura de Galicia.
Por exemplo, nos últimos post, ademáis da oposición da Confraría ao actual proxecto do novo porto deportivo, recolle noticias sobre o uso de dinamita na pesca, as reaccións no Congreso aos recentes afundimentos de pesqueiros, ou as axudas da Xunta para a subscrición dun seguro de indemnización diaria en caso de paralización e perda da produción por condicións climatolóxicas adversas no sector pesqueiro e marisqueiro de Galicia.

Etiquetas