Congreso Jorge Juan e Ferrol. As innovacións da Armada na España do séc. XVIII

Os días 3, 4 e 5 de decembro vai ter lugar en Ferrol o Congreso Jorge Juan e Ferrol baixo o tema “As innovacións da Armada na España do séc. XVIII”.

O congreso está organizado pola Universidade da Coruña e o Concello de Ferrol e ten por obxecto ofrecer un achegamento ao período da Ilustración tendo como fío condutor a brillante figura de Jorge Juan y Santacilia.

Analizarase a transformación que o século XVIII representou, tanto para as cidades como para a Armada, a construción naval e os arsenais, dunha forma amena e atractiva.

Este ano é o 300 aniversario do nacemento de Jorge Juan y Santacilia, un científico e mariño cunha vida que ben dá para unha longa serie de novelas e que tivo un papel moi importante no desenvolvemento da Armada española no século XVIII. O seu traballo en moitos campos foi determinante, por exemplo baixo o mando do Marqués de la Ensenada foi un dos responsables da construción do Arsenal e de conseguir atraer a técnicos ingleses para iniciar a construción naval en Ferrol.

A asistencia ao congreso é gratuita pero o aforo está limitado a 180 persoas.

Actualización: Bluesmanalone creou unha lista de reprodución para poder ver os vídeos das ponencias con facilidade

Etiquetas